Os nosos servizos


Por que estudar en Docklands
Esforzámonos por ofrecer a mellor experiencia posíbel de aprendizaxe, grazas á combinación de profesores altamente cualificados, clases reducidas, excelentes instalacións e un método de ensinanza enfocado no estudante.
Ofrecemos clases para todos os niveis, tanto en grupo como individuais, para aqueles que buscan unhas necesidades específicas. Os nosos prezos son moi competitivos. ¡Ponte en contacto e empeza hoxe mesmo!


Preparación de exames oficiais
A nosa especialidade é a formación específica para exames de Cambridge, Anglia, Oxford, Trinity e Escola Oficial de Idiomas. Ofrecemos cursos enfocados a estes exames e tamén simulacros de exame para que poidas medir o teu progreso e asegurarnos de que aprobas.
Por outra banda, tamén preparamos a estudantes para outro tipo de exames, como selectividade e oposicións.
-
Destrezas
-
Que recomendamos?
2 - 3 clases á semana


Inglés para conversar e para traballar
Únete ás nosas clases semanais de conversa para adultos ou solicita un curso de inglés para desenvolverte no teu ámbito laboral. Tamén che axudamos a elaborar o teu CV ou a prepararte para unha entrevista de traballo en inglés.
Por outra banda, ofrecemos os nosos servizos a estudantes que precisen do inglés para viaxar.
-
Destrezas
-
Que recomendamos?
1 ou 2 clases á semana


Descrición
Se aprendes unha lingua cando es novo, maximizarás a túa habilidade nesa lingua máis adiante na vida. A través da música, contos, xogos e diversión en xeral, o neno verase somerxido na lingua inglesa sen darse de conta e aumentará gradualmente o seu vocabulario e comprensión.
-
Destrezas
-
Que recomendamos?
1 ou 2 horas á semana